Accessibility Tools

Unha delegación de Executivas de Galicia realizou unha visita á Adega de Ribeiro pertencente ao Grupo Reboreda Morgadío, coincidindo coa vendima e tamén co 75 aniversario desta recoñecida empresa.

Da man de Ana Méndez, socia de Exceutivas e directiva do grupo, visitaron as instalacións e recibiron explicacións dos distintos pasos no proceso de elaboración do viño.

Vindas desde os catro recunchos de Galicia o grupo permaneceu parte da tarde na adega e finalizou a visita cunha cata explicativa.

Esta visita enmárcase dentro dunha aposta por coñecer de maneira directa o tecido empresarial galego e o papel determinante das mulleres directivas.

A visita durou boa parte da tarde e o grupo tivo a oportunidade de coñecer ao detalle os distintos pasos do apaixonante proceso de elaboración dun viño.

 

GRUPO REBOREDA MORGADÍO

O Grupo Reboreda Morgadío conta con adega en Ribeiro, a máis antiga do grupo e adega en Rías Baixas adquirida nos anos 90. Trátase dunha empresa familiar que explota 22 hectáreas no Ribeiro e outras 50 nas Rías Baixas.

Como Grupo factura ao redor de 3.500.000 de Euros ao ano.

Aínda que o mercado nacional supón o 80% das vendas, Reboreda Morgadíó pode presumir de ser unha desas empresas do sector vitivinícola que está en plena fase de internacionalización. Por agora o mercado de exportación supón un 20% lla súa produción pero as espectativas son cara a un crecemento constante.

Actualmente os seus principais mercados internacionais son USA, Canadá, Xapón, Méjico, Colombia, Reino Unido, Alemaña e Polonia.Pero as negociacións en Panamá e Porto Rico xa están moi avanzadas.

O grupo conta cun persoal de 20 empregados entre Dirección, Comercial, Técnicos, Campo e Adega e factura aalrededor de 3,5 millóns de euros ao ano

.

A visita durou boa parte da tarde e o grupo tivo a oportunidade de coñecer ao detalle os distintos pasos do apaixonante proceso de elaboración dun viño.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.