Accessibility Tools

Estimadas socias,

Lembrarvos que ata este mércores 17 de xaneiro está aberto o prazo de inscrición para o almorzo networking que se celebrará en Vigo este venres, 19 de xaneiro.

O encontro, ao que nos acompañará como convidada especial Sara Rodríguez, presidenta de Hermasa, celebrarase no Work Cafe Santander, C/ Príncipe, nº 39 – Vigo ás 09:30 horas.

O custo do almorzo é de 7 € por persoa, que se abonará por transferencia bancaria unha vez feita a inscrición. Contará con prazas limitadas e para poder participar é obrigatorio facer a inscrición e pago antes do 17/01/24 ás 17:00 no seguinte formulario:

https://forms.gle/KaU3tx9tLDuYNwPo9

É necesario enviar o xustificante de pago por correo electrónico a info@executivasdegalicia.org Como é habitual, falarase sobre diferentes temas relacionados coa visibilidade e empoderamento das mulleres e os últimos proxectos e eventos de Executivas.

A todas as socias lembrámosvos que: cada socia pode levar unha invitada (que deberá facer tamén a inscrición no formulario anterior). as socias e invitadas farán unha presentación de 45 segundos co seu nome, cargo e empresa. é interesante levar tarxetas de visita suficientes para repartir entre as asistentes e facilitar así un contacto posterior.