Volven os networkings!
O próximo 25 de outubro Executivas de Galicia organiza un afterwork en Ourense onde gozaremos dunha cata de viño consciente con Vino a la Mente, que dirixe a socia de Executivas Ronsel Bermello e Ana Hernández.
Viviremos con elas unha Experiencia Mindfulwine, unha iniciación ao mundo do Mindfulness a partir dunha cata de viños consciente, no que levará a cabo unha cata sensorial dun viño guiada con técnicas de mindfulness.
O encontro celebrarase en Milénica Coworking, en Rúa do Progreso, nº 137 1º en Ourense.
A experiencia Mindfulwine comezará ás 18:00 horas e será de aproximadamente unha hora e media de duración. Posteriormente terá lugar un tapeo.
O custo é de 25 € por persoa, que se abonará mediante pago en liña a través da aplicación Stripe.
Contará con prazas limitadas e para poder participar é obrigatorio facer a inscrición e pago antes do 23/10/23 no seguinte formulario: https://forms.gle/5oYn59uAwX7G2Eji6
Para calquera dúbida ou consulta podedes poñervos en contacto connosco no correo info@executivasdegalicia.org.
Esperámosvos!