O próximo 13 de novembro, ás 12:00 horas, na Sede de CYC en Vigo terá lugar o terceiro dos encontros empresariais entre Executivas de Galicia e AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción de Galicia.

Dadas as actuais restricciones facilítaselle a todas as socias que poidan participar presencialmente ou online. O lugar presencial será na sede de CYC, en C/ Real, nº 16 Semisótano, acceso Escaleiras Teófilo Llorente (https://g.co/kgs/kbY41k)
Simultáneamente poderá seguirse o networking a través da plataforma Zoom (enviarase a ligazón de acceso antes da reunión).

Para poder participar neste encontro é preciso facer inscrición previa.

O primeiro encontro tivo lugar en A Coruña o 8 de outubro e o segundo terá lugar en Ourense o 12 de novembro.

Dentro dos obxectivos marcados para os anos 2020-2021 atópase o de dar visibilidade a todas as EIL galegas, e a través destas accións preténdese dar visibilidade ás Empresas de Inserción Laboral dentro das empresas privadas, das empresas finalistas, é dicir, daquelas que poden dar un posto de traballo aos seus traballadores que rematan itinerarios de inserción.

Se ben é certo que nos últimos anos, xa sexa por obriga legal ou por vontade das compañías, estanse a desenvolver programas dirixidos á inserción das persoas vulnerables en empresas ordinarias, nembargante, o camiño cara a inserción laboral é longo, e pasa por ofrecer formación específica, acompañar á persoa ao largo da súa traxectoria, sensibilizar aos distintos segmentos das empresas e as familias e, en termos xerais, dispor de itinerarios personalizados para unha integración laboral sostible.

Os obxectivos destes encontros son:

  • Promocionar e difundir a figura das Empresas de Inserción Laboral existentes na comunidade galega dentro da sociedade a través das empresas privadas.
  • Establecer convenios de colaboración e/ou sinerxias coas empresas privadas de cara a contratación dos servizos e produtos ofrecidos polas Empresas de Inserción Laboral.
  • Eliminar as ideas preconcibidas e prexuizosas sobre as Empresas de Inserción Laboral e os seus traballadores en inserción mostrando ditas empresas como empresas plenamente operativas, eficaces e capaces no seu ámbito de actuación.
  • Pór en contacto as Empresas de Inserción Laboral e as empresas privadas, previo coñecemento das súas necesidades, estando a disposición do axente que o precise para traballar e colaborar naquilo que se mostre necesario.

Participarán: Secretaría técnica de AEIGA e Xunta Directiva.