Herramientas de accesibilidad

Nos meses de outubro e novembro de 2020 organizáronse encontros presenciais con AEIGA, Asociación de Empresas de Inserción Laboral de Galicia, en Coruña, Ourense e Vigo.
Para todas aquelas persoas que non puideron asistir de maneira presencial, Executivas de Galicia e AEIGA organiza un novo evento, nesta ocasión en modalidade en liña.

O próximo 2 de xuño, de 19:00 a 20:30, teremos un encontro- networking especial acompañadas por AEIGA, que poderá seguirse a través da plataforma Zoom.

Para poder participar neste encontro é necesario facer a inscrición previamente na ligazón que aparece máis abaixo.

AEIGA confiou en Executivas de Galicia para difundir o seu labor e obxectivos:

  • Poñer en contacto as Empresas de Inserción Laboral e as empresas privadas
  • Establecer convenios de colaboración e/ou sinerxias con empresas privadas para a contratación de produtos ou servizos ofrecidos polas empresas de Inserción Laboral
  • Eliminar as ideas preconcibidas sobre este tipo de empresas