Accessibility Tools

A organización non gobernamental internacional estadounidense Vital Voice solicitou o apoio de Executivas de Galicia para difundir entre as súas socias o Global Mentoring Walk, camiñada que se organizará o 12 maio na Coruña, única cidade xunto a Xapón que foi aceptada este ano para realizala.
Estas camiñadas de mentoreo desenvólvense por parellas de mulleres, unha mentora e unha aprendiz, na que ambas se involucran na reflexión sobre os seus desafíos profesionais e persoais para establecer unha relación na que a mentora comparte a súa experiencia, aconsella e apoia ao seu acompañante.

Vital Voice, que ten a súa sede en Washington DC, traballa con mulleres líderes nas áreas de empoderamento económico, participación política feminina e dereitos humanos.

Para poder seguir máis de preto esta iniciativa, podedes seguila a través da súa facebook: Global Mentoring Walk España.

A organización da Coruña convida as socias de Executivas a participar ben como mentoras ou ben como mentees.