Accessibility Tools

A presidenta de Executivas de Galicia, Carla Reyes Uschinsky, e representantes na xunta directiva como, Luisa Rivas, mantiveron unha reunión co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, para dar a coñecer a organización e os proxectos que se están desenvolvendo.

No encontro, presentouse o programa Referentes Galegas, o primeiro directorio que se crea co obxectivo de reunir polo menos a 500 mulleres profesionais destacadas e líderes en todos os ámbitos da sociedade galega. Trátase dunha ferramenta útil para que os medios de comunicación, as entidades de calquera índole ou os organizadores de foros e encontros poidan ter un espazo no que atopar a mulleres destacadas en todos os ámbitos profesionais e que poden achegar unha valoración experta.

Do mesmo xeito, o presidente do Parlamento felicitou a Executivas de Galicia polo compromiso que mantén para conseguir unha maior visibilidade do traballo das mulleres, especialmente en ámbitos nos que a presenza feminina é minoritaria.