Información sobre protección de datos

Responsable

Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?

Identidade: ASOC. EXECUTIVAS DE GALICIA
Dir. Postal: Rua MANUEL BEIRAS, N.3, 15706 – SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)
Correo electrónico: info@executivasdegalicia.org

Finalidade

Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Se es membro da asociación:
-Xestión da alta e participación na asociación: Creación de bases de datos de contacto públicas, cesión de datos con fins de contacto profesional ou docente entre asociadas, elaboración de plans de formación etc.
-Xestión e organización das actividades que se desenvolvan en cumprimento dos fins da asociación
-Xestión do cobro da cuota.
-Xestión das relacións da asociación con terceiras persoas; coma outras asociadas e/ou colaboradoras.
-O desenvolvemento de accións comerciais informándolle de produtos e/ou servizos que poidan ser do seu interese, relacionados coas actividades e servizos prestados pola asociación ou polos seus colaboradores; así como o envío periódico da newsletter da asociación.

Se es parte de Referentes Galegas:
-Xestionar a alta e participación na asociación como “Referente Galega”: Creación de bases de datos de contacto públicas, cesión de datos con fins de contacto profesional ou docente, etc.
-Xestión e organización das actividades que se desenvolvan en cumprimento dos fins da asociación.
-Xestión das relacións da asociación con terceiras persoas; coma outras mulleres referentes, asociadas e/ou colaboradoras.

Se deixaches algún comentario na páxina web:
-Xestionar os comentarios publicados na páxina web.

Por canto tempo conservaremos os seus datos?

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial e non se solicite a súa supresión por parte do interesado. Tendo en conta os prazos previstos pola lexislación respecto á prescrición de responsabilidades.

Lexitimación

Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

Baseámonos no consentimento do interesado e/ou na execución do contrato.

Destinatarios

A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Poderanse ceder ou comunicar os seus datos a:
-Asesoría, coa finalidade de prestar o servizo de xestión e asesoramento fiscal e contable.
-Empresas de informática coa finalidade do mantemento de aplicacións e sistemas informáticos.
De igual xeito, poderán ter coñecemento dos seus datos persoais as empresas colaboradoras e/ou asesoramento xurídico cando presten os seus servizos á Asociación.

Dereitos

Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se na ASOC. EXECUTIVAS DE GALICIA estamos tratando datos persoais que teñan que ver con ela, ou non.
Ten dereito a solicitar o acceso aos datos persoais relativos ao interesado, a súa rectificación ou supresión, a limitación do seu tratamento, oporse ao tratamento e á portabilidade dos datos.
Informámoslle de que ten dereito a retirar o consentimento que nos tivera outorgado con algunha finalidade especifica; así como a presentar unha reclamación ante calquera autoridade de control.

Pode exercer os seus dereitos de Protección de Datos por escrito na Rúa MANUEL BEIRAS, N.3, 15706 – SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA)

Procedencia

Como obtivemos os seus datos?

Os datos obtivéronse directamente do interesado ou do seu representante legal.
A categoría de datos que se empregan son:
-De identificación: nome e apelidos, NIF, enderezo postal, teléfono, e-mail, datos de contacto en redes sociais, imaxe.
-Datos bancarios: para a domiciliación do pagamento.
-Os necesarios para o mantemento da relación coa asociación. Facturación.
-Datos académicos e profesionais.
-Biografía

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies