¿Porqué el Premio Executivas?

As empresas que destacan pola súa diversidade dos cadros directivos fano tamén pola súa rendibilidade, e potenciar o liderado feminino é unha estratexia necesaria. Por iso creamos o Premio Executivas de Galicia, ou “Premio á Mellor Empresa para Liderar en Femenino” que, na súa primeira edición -2012- se levou LONZA BIOLOGICS PORRIÑO, S.L, empresa líder en produción de fármacos biotecnolóxicos.

As persoas, organismos e empresas galegas que compiten por este premio:

  • Coñecerán outras políticas de innovación en liderado feminino, o que se denomina “benchmarking”.
  • Reforzarán as súas estratexias internas conseguindo maiores avances.
  • Obterán un recoñecemento aos seus esforzos e posicionamento en liderado feminino.
  • Recibirán un premio especial.

Valor añadido

Como valor engadido, cada empresa recibe un informe completo cos resultados estatísticos dunha enquisa realizada aos empregados -mantendo o anonimato das respostas- o que lles axudará a un maior coñecemento de posibles cambios a acometer.

Para a II Edición deste premio, que será convocado ao longo de 2015, contémplanse, como novidade, catro categorías:

  1. Premio á empresa que mellor lidere en feminino.
  2. Premio ao Liderado Inspirador Feminino, valorando tanto a traxectoria, a loita por poñer en valor o liderado feminino e axudar a outras mulleres, así como o seu compromiso.
  3. Premio á institución pública/privada polo apoio ao liderado feminino.
  4. Premio ao medio pola promoción do liderado feminino.

Bases

Quen pode participar. Empresas a partir de 10 empregados e cunha facturación igual ou maior a 2 millóns de euros, sempre que a sede social estea en Galicia.

Que avaliamos. O obxectivo é identificar a mellor empresa para que traballe a muller executiva, nun clima laboral axeitado. Para localizala utilizamos información incluída en dous cuestionarios definidos por Executivas:

O cuestionario 1 debe ser cuberto online por un representante da empresa. Nel facilítase información obxectiva sobre repartición de postos, número de empregados, compromiso co talento feminino, beneficios que facilitan o desenvolvemento das mulleres no seu traballo e promoción.

A empresa facilitará o acceso de Executivas aos seus empregados para recoller información subxectiva mediante unha enquisa confidencial que recolle información de conciliación familiar laboral e promoción de liderado feminino.

Cuestionarios e procedemento. Para participar no premio Executivas é necesario que as empresas cubran o Cuestionario 1 que está nesta mesma web (pódeo facer picando aquí). Unha vez cuberto, a Asociación poñerase en contacto para realizar o procedemento para cubrir o Cuestionario 2, proceso que mantén o anonimato dando acceso aos empregados a unha plataforma de enquisas externa. Deberá ser cuberto polo 80% das empregadas e o 20% dos empregados, porcentaxes que tamén establecen os mínimos necesarios para optar aos premios. Calquera dúbida será atendida en premios@executivasdegalicia.org.

Prazos. Pendentes de definir.

Xurado e entrega de premios. O grupo de traballo depende de Executivas, que determinará o ranking final de empresas. Todas reciben un diploma pola súa participación no premio e as 10 primeiras figuran nesta web e comunícanse aos medios. O premio entrégase nun evento ao que acoden autoridades, empresarios, representantes da política e a cultura e as executivas que conforman a asociación.

466851485

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Plugin for Social Media by Acurax Wordpress Design Studio