Premio Executivas

Premio Executivas

Unha vez ao ano, Executivas de Galicia concede o seu Premio Executivas a personalidades, empresas, públicas ou privadas, ou proxectos e iniciativas que poñan de relevo o liderado feminino, favorezan a conciliación e se comprometan coa igualdade de oportunidades e a paridade entre homes e mulleres.

A Xunta Directiva de Executivas, formada por 13 profesionais elixe por consenso á persoa ou entidade galardoada. O acto de entrega do Premio ten lugar no marco do Foro da Comunicación de Galicia.

O galardón é unha escultura do artista galego Miguel Couto, denominada Muller, onde reflexiona sobre o triunfo persoal da muller.

Na pasada edición o Premio Executivas recaeu na científica Marisol Soengas, investigadora, directora do Grupo de Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) como recoñecemento á súa traxectoria investigadora e por contribuír co seu traballo para dar visibilidade ao importante papel da muller na Ciencia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies