Victoria Robles de Acqua

Fundadora do proxecto Vidas Auténticas

Tras desenvolver 3 postos de alta dirección (goberno, multinacional e universidade) e crear a súa empresa propia en Londres (enfocada a coaching de carreira, de exportación e de emprendedores) converteuse nunha referente galega dentro do Nomadismo Dixital, consolidada na edición do think tank Freedom x Fest 2018 (única galega conferenciante das 2 únicas españolas entre máis de 80 conferenciantes de todo o mundo). Toda a súa transición relátaa na súa Triloxía autobiográfica: ¨3 Vidas Hasta La Libertad¨. Tras a publicación do Libro I: ¨Viaje a Cumbres Borrascosas¨ foi inmediatamente seleccionada como conferenciante en Freedom x Fest, onde Vidas Auténticas logrou a súa expansión internacional, especialmente en países como Canadá, Holanda, Hungría e Australia.

Vidas Auténticas é un proxecto enfocado en axudar ás persoas a reinventarse, a adaptarse ao novo cambio de sistema, a ser libres profesional e financeiramente mediante proxectos que son a extrapolación da súa propia personalidade e goce, sempre en necesaria conexión coa Natureza.

Imparte mentorías verdes e cursos totalmente orixinais no que ela bautizou como o seu bosque-oficina na Senda do Lérez de Pontevedra, e tamén organiza retiros estacionais de empoderamiento de mulleres e liderado feminino. Grazas a unha colaboración realizada coa Cámara de Comercio de Vilagarcía, Pontevedra e Vigo, Vidas Auténticas enfocouse na mentorización disruptiva de proxectos de mulleres que aman a natureza e que a integran no seu proxecto e na súa nova forma de vivir. Estas mentorías realízanse a nivel internacional e combinan sendeirismo terapéutico con sesións en liña.

  • INFO

Titulación Universitaria: Licenciada en Ciencias Políticas e da Administración Pública
Empresa: Vidas Auténticas
Posto: Fundadora do proxecto Vidas Auténticas
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Asesoría profesional, empresarial e mentoring
Ámbito Xeográfico: Internacional, ubicación actual en España

  • CONTACTO