Mercedes Máquez Roel

Arquitecta en Casalnove Arquitectura e Paisaxe

Arquitecta, Máster en Xardinería e Paisaxe pola Universidade Politécnica de Valencia, desenvolvendo a súa tese doutoral sobre Espazo Público Urbano.

Na actualidade desempeña a súa actividade principal en CASALNOVE ARQUITECTURA E PAISAXE, o seu estudo de ámbito nacional e internacional orientado a clientes públicos e privados.

Pertence ao grupo de investigación da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Veiga, onde desde o ano 2008 imparte docencia na área de proxectos, no Master de Arquitectura da Paisaxe das Universidades da Coruña e Santiago. Participou en diferentes traballos de investigación sobre Paisaxe en Galicia e actualmente forma parte do equipo de redacción da Estratexia de Infraestrutura Verde da Area da Coruña para o Instituto Estudos Territorio. Ademais, participou en diferentes programas radiofónicos como experta en arquitectura e espazo público.

  • INFO

Titulación Universitaria: Arquitectura
Empresa: Casalnove Arquitectura e Paisaxe
Posto: Arquitecta
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Arquitectura e Arquitectura da Paisaxe
Ámbito Xeográfico: Galicia

  • CONTACTO