Mayte Carracedo Taboada

Directora de Desenvolvemento de negocio e Co-Founder da empresa FundingBox

Licenciada en Ciencia Políticas, ten un Máster en estudos europeos pola Universidade Libre de Bruxelas e MBA executive pola Escola de Administración de Empresas (EAE).

Desenvolveu a súa carreira profesional no ámbito do financiamento público para a innovación, participando en diferentes proxectos e iniciativas internacionais.

Actualmente é coordinadora da iniciativa europea I4 MS, que busca crear a maior comunidade en Europa de actores interesados en apoiar a PEMEs no seu proceso de transformación dixital.

  • INFO

Titulación Universitaria: Licenciada en Ciencias Políticas
Empresa: FundingBox
Posto: Directora Desenvolvemento de Negocio
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Apoio a emprendedores, financiación
Ámbito Xeográfico: Internacional

  • CONTACTO