Marta Costas Iglesias

Subdirectora de asesoría xurídica e cumprimento Grupo Nova Pescanova

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Dereito
Empresa: Nova Pescanova
Posto: Subdirectora de asesoría xurídica e cumprimento Grupo Nova Pescanova
Sector: Agricultura, gandeiría, silvicultura e pesca
Actividade: Pesca, acuicultura, industrial e comercialización en distintos canais (retail, maiorista, food services…)
Ámbito Xeográfico: Pontevedra

Contacto

Avogada en exercicio desde o ano 2000. Actualmente, Subdirectora da asesoría xurídica de Nova Pescanova desde a que se xestionan os asuntos xurídicos do Grupo.

Con anterioridade asociada senior de Restructuring & Insolvency en Deloitte Avogados, participando en concursos como Administrador Concursal, en procesos de reestruturación e refinanciamento, en compras de unidades produtivas en situación de insolvencia.

Levou a dirección letrada de numerosos procedementos xudiciais en defensa de dereitos de crédito e garantías. Iniciou a súa carreira profesional en SPR AVOGADOS. Directora Xerente deste Bufete desde xaneiro de 2004. Como directiva responsabilizouse das áreas de márketing e recursos humanos.

Vinculada á docencia na Universidade de Vigo, onde foi profesora asociada de Dereito Procesual, participa en Masters e cursos en materia de asesoramento de empresa.

Fundadora de Executivas de Galicia e do Grupo Sumamos Rede de Mulleres Profesionais.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña