María Elena Vázquez Cendón
Decana da Facultade de Matemáticas da USC
Info
Titulación Universitaria: Licenciada con Grao en Ciencias Matemáticas
Entidade: Universidade de Santiago de Compostela
Posto: Profesora Titular de Universidade de Matemática Aplicada
Sector: Educación
Actividade: Docencia e Investigación
Ámbito Xeográfico: Galicia
Decana da Facultade de Matemáticas da USC desde o 16 de xuño de 2017. Coordinadora xeral do Máster en Matemática en Matemática Industrial (USC, UDC, Uvigo, UC3 M e UPM) e Coordinadora xeral do Proxecto ESTALMAT-Galicia. Investigadora adscrita do Instituto Tecnolóxico en Matemática Industrial (ITMATI) e membro do Instituto de Matemáticas da USC (IMAT).
A temática das súas investigacións teñen diferentes ámbitos de aplicación: problemas relativos ás ecuacións das augas someras, ás ecuacións de Navier- Stokes, ás ecuacións de Euler con gravidade e ás ecuacións que modelan o fluxo de sangue en arterias e en veas. É coautora de trinta publicacións en revistas do JCR. Editora de tres monografías e autora de dous libros.
Ademais, é desenvolvedora do código Iber que foi xerado inicialmente para o cálculo das correntes de mareas nas rías galegas e agora aplícase en diferentes rexións do mundo, para prevención de inundacións.
Buscar referentes
Contáctanos!
Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!
Teléfono
+34 663 33 11 69
Enderezo
Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña