María Dolores Rua Aguete

Directora Executiva en IHS Markit

María traballa en Londres como Directora executiva en IHS Markit onde dirixe e lidera o equipo de investigación de “Service Providers and Platforms” analizando o sector de televisión, media e tecnoloxía.

María chegou ao Reino Unido en 1998 grazas a unha Bolsa á excelencia Académica de Caixa Galicia coa que realizou un Master en Dirección de Empresas (MBA) en Cardiff Business School.

A súa carreira profesional empezou o Maio do 2000 en Londres na consultora Screen Digest como analista da Televisión por cable. Esta empresa é comprada en 2010 por IHS e no 2016 intégrase con Markit onde María foi nomeada directora executiva de todo o equipo de Media.

María, ao longo da súa carreira profesional, recibiu diversos premios polo seu traballo, como o Research and Analysis Excellence Award pola rigorosidade e calidade do seu traballo.

É actualmente conferenciante e panelista en diferentes eventos do sector por todo o mundo como IBC (Amsterdam), Online Sports (Madrid), TV Connect Mena (Dubai), Media and Technology trends (Os Anxeles) entre outros moitos.

  • INFO

Titulación Universitaria: Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais
Empresa: IHS MARKIT
Posto: Directora
Sector: Información e comunicacións
Actividade: Tecnoloxía, Media, Telecomunicacións
Ámbito Xeográfico: Internacional

  • CONTACTO