Marga Borreguero Villanueva

Asesora de comunicación en MB Comunicación e RSC
  • Licenciada en Ciencias da Información (publicidade e RRPP) pola Universidade Complutense de Madrid
  • Doutora en Comunicación pola UDC
  • Posgrao Novas Tendencias Audiovisuais pola UDC
  • Experto Universitario en Responsabilidade e Innovación Social.Catedra Inditex UDC
  • Curso de Posgrao “Responsabilidade social corporativa”. Cátedra Inditex-UDC. 2014

Desenvolveu un extenso labor docente, ben como profesora asociada para a UDC, así como para varios máster e cursos de especialización. A súa actividade como profesora estendeuse tamén ao mundo empresarial onde impartiu cursos para grandes empresas en materia de comunicación corporativa, relacións públicas, márketing e comercialización, responsabilidade social empresarial, etc… Forma parte do corpo docente de expertos da Xunta e está en posesión do CAP.

Na súa faceta académica conta con asistencia e relatorios en varios congresos vinculados ao mundo da comunicación e o márketing, tamén o turismo. Membro de dous proxectos de investigación XUGA vinculados á narrativa audiovisual en televisión e á nova televisión interactiva. A súa tese, publicada polo Concello da Coruña versa sobre imaxe pública e política en medios de comunicación local.

Como profesional desenvolveu labores de copy e creativa publicitaria para varias axencias de Madrid e Coruña. Hai anos descobre o terceiro sector e a Responsabilidade Social Corporativa e dirixe en calidade de Directora xerente a Fundación Educación Deporte e Saúde, fundación de interese galego e de interese deportivo durante 8 anos. Nesta etapa publica varios manuais para a Secretaría Xeral para o Deporte e gaña varios premios vinculados ao social.Terminada esta faceta asume a Dirección de Comunicación de Studio Indie, empresa vinculada ao cinema e o audiovisual en Canarias. Na actualidade conxuga o seu labor como profesional da comunicación coas tarefas de auditoría e consultoría en materia de RSE a través da súa propia empresa MBCOMUNICACIÓN E RSC. É na actualidade a responsable de comunicación da empresa Porto de Celeiro e titora de RSE para empresas a través do programa Responsabilízate da Xunta desde fai tres anos.

A título persoal leva a cabo varias iniciativas solidarias e de márketing social, escribe como amateur e é ademais mentora voluntaria para a Fundación Youth Business Spain.

  • INFO

Titulación Universitaria: Doutora en Comunicación
Empresa: MB Comunicación e RSC
Posto: Freelance
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Comunicación e Responsabilidade Social Corporativa
Ámbito Xeográfico: A Coruña

  • CONTACTO