Lola García Saavedra

Profesora de Educación Plástica. Artista independente

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Belas Artes
Entidade: Xunta de Galicia. IES Otero Pedrayo, A Coruña
Posto: Profesora de Educación Plástica. Artista independente
Sector: Educación
Actividade: Docencia
Ámbito Xeográfico: A Coruña

Estudou Belas Artes en Madrid e, ao finalizar, viaxou a Roma onde se formou en gravado. Desde 1987 compaxina a creación artística coa docencia.

Ten experiencia tamén como ilustradora e na pintura mural, xa que realizou diversos murais para centros públicos galegos.

Participou en diferentes exposicións, entre as que destacan a individual realizada no Parlamento Europeo de Estrasburgo, no ano 2000, o Salon dÁutomne en Sarria, Samos e París en 2009, e recentemente en ARTEPAZ (2015/16), en Santiago, A Coruña e Vigo, organizada polo Seminario Galego de Educación para a Paz e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Tamén colaborou nas mesas redondas de artistas que levaron a cabo con motivo da devandita exposición.

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña