Isabel Aguirre de Úrcola

Directora Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega

En 1991 entra no Departamento de Composición da ETSA da Universidade da Coruña como profesora de Introdución á Arquitectura que compaxina coa docencia de Estética na Escola de Enxeñería de Deseño Industrial do Campus de Ferrol desde o ano 2000. É Titular de EU da Universidade da Coruña ata a súa xubilación no ano 2008.

En 2008, ao crear a Fundación Juana de Veiga a Escola Galega de Paisaxe, é nomeada a súa Directora, cargo que exerce hoxe en día.

En 1997 obtén o Premio Nacional de Arquitectura “Manuel da Dehesa” concedido polo Ministerio de Fomento, o Consello Superior de Arquitectos, a Universidade Manéndez Pelayo e a Universidade de Alcalá de Henares polo Parque de Bonaval. No ano 2007 é elixida Galega Destacada. No Ano 2015 obtén o Premio María Josefa Wonenburger á Ciencia e a Tecnoloxía. No ano 2015 obtén o Premio Europeo de Intervención no Patrimonio Arquitectónico pola Intervención na Contorna do Mosteiro de Caaveiro, e en 2018 recibe a Medalla Castelao da Xunta De Galicia pola súa traxectoria profesional.

  • INFO

Titulación Universitaria: Arquitectura
Empresa: Bornugueiras SLP / Escola Galega da Paisaxe Juana de Vega
Posto: Administradora Única / Directora
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Arquitectura e Arquitectura da Paisaxe
Ámbito Xeográfico: Galicia

  • CONTACTO