Eva López Barrio

Responsable do Programa Woman Emprende (USC)

Desde o ano 2006 é Responsable do Programa Woman Emprende da USC, sendo a súa área de especialización a análise e a promoción da investigación, desenvolvemento e innovación orientada á creación de spin-offs universitarias lideradas por universitarias.

Desde o ano 2012 é Titora das Axudas Emega da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, facendo acompañamento para a consolidación de empresas lideradas por mulleres que fosen beneficiarias desta axuda de convocatoria anual.

Desde o ano 2011 é Coordinadora do Proxecto Innovatia 8.3 do Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades, que ten como obxectivo o desenvolvemento dunha metodoloxía de creación de spin-off universitarias femininas. Esta ferramenta incorpora a perspectiva de xénero en todas as fases de axuda á creación de empresas universitarias.

É coautora das ferramentas: Manual de Procedementos, Guía Emprende Igual, Guía para a elaboración dun plan de empresa, todos eles centrados na incorporación da perspectiva de xénero nos procesos de creación de empresas universitarias (http:// innovatia83.es/)

Xestiona https://www.facebook.com/redinnovatia/ e forma parte da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas de España.

  • INFO

Titulación Universitaria: Licenciada en Ciencias Económicas
Entidade: Universidade de Santiago de Compostela
Posto: Coordinadora do Proxecto Woman Emprende da USC e coordinadora do Convenio Innovatia 8.3
Sector: Outros servizos
Actividade: Técnica de transferencia de coñecemento
Ámbito Xeográfico: España

  • CONTACTO