Arantxa Serantes

Investigadora postdoctoral

Licenciada en Humanidades pola Universidade da Coruña. Obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Historia Antiga pola mesma Universidade. Experta en Pensamento e creatividade pola Universidade Francisco de Vitoria (Madrid), en Márketing, publicidade e comunicación por EUDE (Madrid) e en Humanidades Dixitais (UNED). Doutora pola USC.

A súa traxectoria profesional céntrase no estudo das humanidades dixitais e a relación da tecnoloxía coa sociedade, mediante tres eixos: Análise de datos (thickdata), investigación-acción (mediación tecnolóxica) e comunicación (márketing e blogger).

A súa traxectoria na investigación e o paso por diferentes laboratorios, cidadáns e universitarios, proporcionoulle unha experiencia valiosa á hora de conectar estes saberes ao ámbito das TIC.

  • INFO

Titulación Universitaria: Licenciada en Humanidades
Empresa: Emapic – UDC
Posto: Investigadora postdoctoral
Sector: Actividades profesionais, científicas e técnicas
Actividade: Xeohumanidades e PPGIS
Ámbito Xeográfico: A Coruña

  • CONTACTO