Ana José Varela González

Directora Financeira OCDE

Info

Titulación Universitaria: Licenciada en Dereito e Ciencias Empresariais
Entidade: OCDE (Organización para Cooperación e Desenvolvemento Económico)
Posto: Directora Financeira
Sector: Actividades de organizacións e organismos extraterritoriais
Actividade: Dirección Financeira e Planificación Estratéxica
Ámbito Xeográfico: Internacional

Contacto

Directora Financeira da OCDE (Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos). Primeira muller nomeada Directora Financeira, xestiona un equipo de 105 persoas e 5 divisións. Coordina a planificación estratéxica, o programa de traballo e o orzamento. Membro do Grupo de Directores e do Equipo Executivo, tamén exerce a Secretaría do Comité de Orzamento, onde están representados os 36 países membros.

En 2015, foi unha das 25 mulleres elixidas en todo o mundo para participar no Programa de Liderado para Mulleres (WLP) de Eisenhower Fellowships 2015, programa internacional de liderado que premia a traxectoria de profesionais líderes no seu ámbito comprometidos coa creación dun mundo máis pacífico, próspero e xusto.

Comezou a súa carreira como consultora para The Boston Consulting Group. Máis tarde, asumiu varios cargos de alta dirección en banca, seguros e o sector sen fins de lucro. Presidiu Torusware, unha start- up de software, e Nasasbiotech, unha empresa de biomedicina. Tamén formou parte do Consello de Banco Popular, sendo a muller máis nova nomeada conselleira dun banco cotizado en España.

Obtivo o seu MBA de Columbia Business School (EE. UU.) e a súa Licenciatura en Dereito e Administración de Empresas pola Universidade Pontificia Comiñas (España). Realizou posgraos en Servizos Financeiros, Estratexia e Liderado o Instituto de Empresa (España) e UCLA (EE. UU.).

Fala Inglés, Francés e Portugués, ademais das súas linguas nativas: Español e Galego

Buscar referentes

  • Ámbito xeográfico

  • Sector

  • Empresa

Contáctanos!

Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata a formar parte de Referentes Galegas? Queres unirte á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Casa das Asociacións
Rúa Manuel Beiras, 3 | 15706
Santiago de Compostela | A Coruña