Partners

Executivas de Galicia é membro do Consello das Mulleres, órgano consultivo da Xunta de Galicia que reúne de maneira transversal a consellerías, universidades, patronal e sindicatos, asociacións e organizacións de mulleres de toda Galicia. A presidenta de Executivas ocupa unha vogalía.

Tamén estamos presentes nas diversas comisións de traballo.

Mar de Arousa

En Executivas de Galicia somos conscientes da necesidade de crear redes e sinerxías con outras entidades. A colaboración é unha das nosas formas de construír redes. Por iso, asinamos un convenio de colaboración con Mulleres Mar de Arousa. No marco deste convenio as socias desta asociación poden acceder aos cursos de formación de Executivas nas mesmas condicións que as nosas socias.

Adeslas

A compañía de seguros médicos Adeslas ofrece a todas as socias de Executivas e aos seus familiares directos unhas condicións especiais de contratación nas súas pólizas de saúde. Esta oferta foi xestionada por unha das nosas socias. Adeslas Completa é un seguro que inclúe amplas coberturas tanto en medicina primaria, especialidades e medios de diagnóstico como en urxencias e hospitalización.

Sabadell Galego

Este ano 2018 Sabadell Galego é a primeira entidade bancaria que asinou un acordo de colaboración con Executivas. Co afán de comprometerse de maneira real coa igualdade de xénero, Sabadell Galego patrocinará o Premio Executivas de Galicia que se entregará en novembro de 2018. Tamén este convenio ofrece condicións vantaxosas nos servizos da entidade, tanto para particulares como para as profesionais das nosas socias.

INGADA

Executivas de Galicia colabora coa Fundación Ingada, entidade presidida polo científico Anxo Carracedo. A través dun convenio de colaboración, ambas entidades comprométense a prestarse apoio na difusión das súas accións. Neste marco, Executivas participou nas dúas últimas edicións do Camiño da Diversidade.

Obra Social La Caixa

Executivas e Obra Social La Caixa contan cun convenio de colaboración destinado a apoiar o programa de inserción laboral Incorpora. Desta maneira, Executivas subliña o seu compromiso coa inserción laboral das persoas con máis dificultades e, de maneira especial, coas mulleres que se atopan en dificultades para acceder ao mercado laboral.

AED Galicia, Asociación de Directivos

Executivas forma parte do Consello Territorial de AED-Galicia; así, as nosas socias benefícianse das actividades da entidade e tamén de que a nosa voz e voto teñan peso nunha organización que representa aos directivos de Galicia. A representación de Executivas no Consello Territorial de AED-Galicia corresponde á presidenta de Executivas.

USC Programa Mentoring

Desde a súa creación en 2016, Executivas foi entidade colaboradora do Programa Mentoring USC. Varias das nosas socias participaron no programa e obtivemos o recoñecemento por parte da Universidade de Santiago.

Cluster da Comunicación Gráfica

Executivas forma parte da xunta directiva do Clúster da Comunicación Gráfica. Desta maneira, tamén nos beneficiamos das vantaxes nas actividades desta entidade para todas as socias e ademais aproveitamos os seus premios anuais para entregar o Premio Executiva.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies