Dende a asociación achegamos formación ás executivas galegas con plans pensados para cubrir necesidades e expectativas. Xa que o principal obxectivo é actualizar e mellorar competencias, o eixo central é a elaboración, posta en marcha e seguimento do Plan Anual de Formación, que detalla as accións formativas a desenvolver durante o ano. Para nós é esencial que respondan ás demandas formativas das asociadas, e cubran aspectos novidosos da actualidade profesional. Para conseguilo aproveitamos colaboracións con organizacións punteiras neste ámbito.

A maiores do Plan Anual de Formación, facilítase ás asociadas información relativa a recursos e ofertas formativas de utilidade: enlaces, cursos, aplicacións, ferramentas,… que publicamos de xeito actualizado nesta web. O grupo de Formación coordínano  Rosa Corral, Lidia Enrich, Mónica Peláez e Marisa Souto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social Network Integration by Acurax Social Media Branding Company