Rede de mulleres profesionais galegas

Executivas de Galicia

Somos unha asociación aberta, de adscrición a título persoal, que suma mulleres independentes, profesionais e plurais, que exercemos en diferentes ámbitos executivos e directivos, tanto públicos como privados.

Somos un colectivo de mulleres, concienciadas e conscientes, que nos unimos para colaborar e crear unha rede de apoio que visualice e impulse o empoderamento feminino como motor de futuro e axente crave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

Sen adscrición ideolóxica nin de partido máis que a de promover o liderado da muller en todas as súas áreas, esta plataforma naceu para multiplicar a capacidade de interlocución feminina alí onde a nosa voz aínda non se escoita coa intensidade necesaria e para crear un espazo colectivo de referencia desde o que compartir experiencias, emprender accións e tecer alianzas que axuden ao crecemento persoal e profesional das mulleres, así como para propulsar cambios e melloras nas políticas que desenvolven administracións, entidades e institucións en clave de igualdade.

Galería

Os nosos obxectivos

Representar e defender

Representar e defender os dereitos e intereses da muller executiva galega. Conseguir a toma de conciencia do rol que ten na sociedade e na empresa. Facer ver o valor engadido do liderado feminino.

Entidade consolidada

Ser unha entidade consolidada e coñecida. Polos seus valores, compromiso e liderazgo nos métodos de traballo e na procura da excelencia.

Visibilizar

Facer patente a presenza como grupo de opinión de mulleres galegas cualificadas e preparadas, dándolles máis visibilidade como executivas.

Formar

Conseguir formación de nivel para un equipo de mulleres que xa teñen formación estratéxica pero que busca unha formación de calidade adaptada ós roles que desempeñan.

Promocionar e desenvolver

Loitando pola igualdade de oportunidades na esfera social, política, empresarial e executiva.

Os nosos principios

  • Democracia interna
  • Solidariedade entre a asociadas
  • Participación dos seus membros en todas as súas actuacións
  • Transparencia e publicidade na xestión
  • DDefensa das necesidades xerais por encima de intereses particulares
  • Democracia interna
  • Solidaridad entre las asociadas
  • Participación de sus miembros en todas sus actuaciones
  • Transparencia y publicidad en la gestión
  • Defensa de las necesidades generales por encima de intereses particulares

Xunta directiva

Memoria Executivas

Contacto

Asociación de Executivas de Galicia

Casa das Asociacións Rúa Manuel Beiras, 3
15706- Santiago de Compostela
A Coruña – España

  • 663 331 169

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies