Referentes Galegas é un proxecto de Executivas de Galicia que nace para dar visibilidade ás numerosas mulleres profesionais galegas que son líderes nos seus respectivos sectores co fin de crear unha base de datos pública para medios de comunicación, organismos ou entidades que requiran a colaboración ou información dunha profesional muller, xa sexa como ponente, como colaboradora nunha publicación, como experta ou simplemente como persoa de referencia para unha consulta.

A presenza de mulleres expertas en medios de comunicación, foros, relatorios e outro tipo de actos públicos está moi lonxe de ser paritaria, malia que en Galicia traballan centenares de excelentes profesionais referentes nos seus distintos ámbitos. Esta iniciativa, pioneira en Galicia, quere contribuír a acabar con esta situación.

A base de datos estará en permanente actualización. Para iso, abrimos a posibilidade de sumarse a ela a todas as profesionais galegas que se postulen (ou as postulen) e que queiran contribuír a darlle voz ás mulleres. Para iso, basta con cubrir o seguinte formulario:


Datos da persoa que presenta a proposta da candidata a Referentes

(pode ser a mesma candidata ou outra persoa)

Datos da persoa proposta como candidata

Datos persoais

Datos profesionais

Formación

Datos adicionais

Autorización de publicación de datos

NON autorizo a publicación de datosSI autorizo a publicación de datos

Autoriza a que os seus datos, incluíndo as imaxes nas que aparece, poidan ser publicados na páxina web, en redes sociais e na newsletter da Asoc. Executivas de Galicia, quen adoptará as medidas de índole técnica e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal, e que eviten a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, dado o estado da tecnoloxía, da natureza dos datos e dos riscos aos que están expostos, nos termos da LOPD e as disposicións que a desenvolven. Pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición comunicándollo por escrito ao Responsable do Ficheiro na rúa MANUEL BEIRAS, 3, 15707 – SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA).

Toda a documentación que se envíe será revisada para poder garantir que os perfís de Referentes Galegas se axustan aos requerimientos do proxecto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Floating Social Media Icons by Acurax Wordpress Designers