Para asociarse -nos casos que se cumpre o perfil definido nos estatutos- hai que cubrir o formulario de admisión do documento LOPD, pero non serven escaneados: deben ser asinados electronicamente e enviados por correo electrónico, ou asinados a man e enviados por correo postal á seguinte dirección:

Asociación de Executivas de Galicia
Casa das Asociacións C/Manuel Beiras 3
15706 Santiago de Compostela (A Coruña)

468020289

Tamén é preciso enviar o DNI e un currículo actualizado, pero neste caso si que serven escaneados e enviados por correo electrónico, ou fotocopiados e enviados por correo postal. Unha vez recibida a documentación ábrese un proceso de admisión do cal mantense informada á persoa interesada.
Para calquera dúbida sobre o proceso pódese contactar en: admision@executivasdegalicia.org

Ventajas para asociadas

En Executivas asinamos diferentes acordos con importantes escolas de negocios e asesorías en beneficio das asociadas, e seguimos traballando para conseguir máis vantaxes. Actualmente ofrecemos estas:

Escola Europea de Negocios da Coruña. 15% de desconto en masters e seminarios gratuítos específicos.
Escola de Negocios Afundación. 15% de desconto en programas e acción formativa trimestral gratuíta.
Instituto de Formación Financeira e Empresarial. 15% de desconto para asociadas e profesionais do seu ámbito en programas de formación.
Acordos con academias de inglés. 10% de desconto nos seguintes centros:

  • Centro británico (Santiago de Compostela).
  • Cambridge Studies (Lugo e Ferrol).
  • Kelly´s English Studio (Ourense).
  • English Center (Lugo).
  • English Studio (Pontevedra).

Tamén asinamos tres acordos recentes con importantes vantaxes para as asociadas. Un deles con MC Mutua; o outro con Markea, Asociación de Mercadotecnia de Galicia; e finalmente con FEAGA, Federación de Autónomos de Galicia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Social Media Widget Powered by Acurax Web Development Company