Accessibility Tools

Espazo colectivo de crecemento en feminino

O empoderamento da muller como motor de futuro

Quen son Executivas de Galicia?

Executivas de Galicia é unha asociación formada por case 300 profesionais de diferentes ámbitos executivos e directivos, tanto públicos como privados. Emprendedoras, empresarias, directivas e traballadoras de distintos sectores únense para colaborar e crear unha rede de apoio que visualice e impulse o empoderamento das mulleres como motor de futuro e axentes crave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia. Ese compromiso coa defensa dos dereitos e intereses da muller profesional galega reflíctese en cada acción, actividade ou programa que se pon en marcha.

Esta plataforma nace para crear un espazo colectivo de referencia desde o que compartir experiencias, emprender accións e tecer alianzas que axuden ao crecemento persoal e profesional das mulleres, así como para propulsar cambios e melloras nas políticas que desenvolven administracións, entidades e institucións en clave de igualdade.

Comprometidas coa defensa dos dereitos e intereses da muller profesional galega gallega

Somos un colectivo de mulleres, concienciadas e conscientes de que a representación profesional en certos ámbitos está moi lonxe de ser paritaria.

Unidas somos máis fortes e podemos prestarnos apoio, xerando un espacio colectivo de crecemento en feminino. Por iso en Executivas de Galicia loitamos xuntas pola igualdade de oportunidades.

Espazo colectivo de crecemento en feminino

O empoderamento da muller como motor de futuro

Quen son Executivas de Galicia?

Executivas de Galicia é unha asociación formada por case 300 profesionais de diferentes ámbitos executivos e directivos, tanto públicos como privados. Emprendedoras, empresarias, directivas e traballadoras de distintos sectores únense para colaborar e crear unha rede de apoio que visualice e impulse o empoderamento das mulleres como motor de futuro e axentes crave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia. Ese compromiso coa defensa dos dereitos e intereses da muller profesional galega reflíctese en cada acción, actividade ou programa que se pon en marcha.

Esta plataforma nace para crear un espazo colectivo de referencia desde o que compartir experiencias, emprender accións e tecer alianzas que axuden ao crecemento persoal e profesional das mulleres, así como para propulsar cambios e melloras nas políticas que desenvolven administracións, entidades e institucións en clave de igualdade.

Comprometidas coa defensa dos dereitos e intereses da muller profesional galega

Somos un colectivo de mulleres, concienciadas e conscientes de que a representación profesional en certos ámbitos está moi lonxe de ser paritaria.

Unidas somos máis fortes e podemos prestarnos apoio, xerando un espazo colectivo de crecemento en feminino. Por iso en Executivas de Galicia loitamos xuntas pola igualdade de oportunidades.

Os nosos proxectos –

Referentes Galegas

Un proxecto que nace para dar visibilidade ás numerosas mulleres profesionais galegas líderes nos seus respectivos sectores. Podes postularte ou propoñer a algunha candidata para formar parte da base de datos. O noso directorio conta con case 400 referentes. O seu programa insignia Edureferentes achega Referentes Galegas ás aulas galegas.

leer máis

Networking

Celebramos periodicamente encontros de networking nas principais cidades galegas. Estas reunións axúdannos a crear, xestionar e manter a nosa rede de contactos profesionais como fonte de colaboracións baseadas na confianza.

leer máis

Medios de comunicación

Cada semana en Radio Voz, o programa Un Café con Eva reserva un espazo para entrevistar a unha socia de Executivas de Galicia. A entrevista dá visibilidade á traxectoria persoal e profesional, compartindo tamén a súa experiencia en materia de igualdade.

leer máis

Grupos de traballo

Contamos con profesionais enfocadas en diferentes áreas de acción como o Grupo Xurídico ou o Grupo de Innovación e Sustentabilidade que se encargan da organización de actividades e o desenvolvemento de proxectos.

leer máis

Labor institucional de representación

Como organismo intermedio, o noso obxectivo principal é actuar como interlocutor entre a administración e a sociedade, promovendo os intereses e as necesidades das mulleres empresarias e directivas en Galicia.

leer máis

Os Nosos principios

Executivas basea a súa actuación nos seguintes principios e valores:

• Igualdade entre homes e mulleres.

• Liderazgo.

• Cooperación.

• Democracia interna.

• Impulso da participación dos seus membros en todas as súas actuacións.

• Solidariedade entre as súas asociadas.

• Transparencia e publicidade na xestión e actuación das súas asociadas.

• Defensa das necesidades xerais por encima de intereses particulares.

• Integridade e Independencia.

• Responsabilidade Social

Os nosos obxectivos

Incrementar o nivel de incidencia política e impacto social da entidade

Profundar no modelo de intervención, desde unha dimensión ampla, impulsando a aprobación e implantación de medidas que supoñan un cambio real e positivo cara á igualdade efectiva.

Impulsar o papel da muller profesional: executiva, directiva, emprendedora, autónoma e empresaria

Representar e defender os seus dereitos e intereses, conseguindo a toma de conciencia do rol que desempeñan no ámbito profesional.

Garantir a sustentabilidade, eficiencia e cohesión da entidade

Xerar un modelo de crecemento da organización que sexa sostible, deseñando e desenvolvendo accións que permitan incrementar a súa base social, a súa autonomía financeira, a innovación organizativa, e as melloras das estratexias de comunicación e transparencia.

Seguir unha filosofía apartidista, apolítica e aconfesional

Manter unha postura neutral en termos políticos e relixiosos, sen afiliacións partidistas que poidan influír nas decisións e accións da entidade. Ao adoptar esta filosofía, a organización busca evitar calquera rumbo e manter o seu enfoque nos obxectivos centrais de promover a igualdade de xénero, representar e defender os dereitos e intereses das mulleres profesionais, e garantir a sustentabilidade e eficiencia da entidade.

Os nosos partners

Xunta directiva

Presentámosche ás nosas 14 directivas. Xuntas toman todas as decisións importantes que afectan á nosa asociación.

Carla Reyes Uschinsky

Presidenta de Executivas de Galicia.
Área de Comunicación e Referentes Galegas.

Carmen Costas Martínez

Vicepresidenta de Executivas de Galicia. Área xurídica

Mónica Álvarez Flores

Tesoureira de Executivas de Galicia.
Área de Tesourería e xestión económica

Beatriz García Cibreiro

Secretaria de Executivas de Galicia.
Área de Comunicación e Referentes Galegas

Úrsula Rábade Gil

Coordinadora Área Networking de Executivas de Galicia.
Networking provincia Coruña e Lugo.

Mar Delgado López

Área de Eventos de Executivas de Galicia

Eva González González

Área de Networking provincia Pontevedra

Carmen Lence Ferreiro

Área de Empresa Sector Primario de Executivas de Galicia

Verónica Teijeiro Domínguez

Área de Innovación e Sostibilidade de Executivas de Galicia

Ana Pérez Campo

Área de Industria de Executivas de Galicia

Berta Caro Mirás

Área de Innovación e Sostibilidade de Executivas de Galicia

Lidia Enrich González

Proxecto Referentes Galegas

Mónica Peláez Pérez

Proxecto Referentes Galegas

María del Carmen Sampayo David

Área de Industria de Executivas de Galicia

Consulta a nosa traxectoria

Coñece a nosa memoria dende 2011, ano de fundación de Executivas ata datas recentes:

¡Contáctanos!

¿Queres ser o noso partner? Queres propoñernos unha candidata para formar parte de Referentes Galegas? Queres unirche á nosa asociación? Tes algunha dúbida? Contacta connosco!!

Teléfono

+34 663 33 11 69

Enderezo

Hotel Oca Puerta del Camino
Rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n
15707 | Santiago de Compostela | A Coruña